COVID-19
Solucións asociadas ao sector aeronáutico e dos UAVs, aplicables dentro do contexto de emerxencia sanitaria actual provocada pola pandemia do COVID-19.
Business Factory Aero – BFAero é unha aceleradora de carácter vertical xurdida no contexto do programa Civil UAVs Initiative, da Xunta de Galicia, que busca promover o desenvolvemento de empresas innovadoras do sector aeronáutico galego. Conta co respaldo de dúas empresas líderes no sector e con proxección internacional, Indra e Babcock, pero está aberta a todas as institucións e empresas con interese en consolidar neste ámbito un ecosistema de innovación aberta.
Bases da convocatoriaSolucións asociadas ao sector aeronáutico e dos UAVs, aplicables dentro do contexto de emerxencia sanitaria actual provocada pola pandemia do COVID-19.
Deseño e produción de UAVs (vehículos aéreos non tripulados, polas súas siglas en inglés) e USVs (vehículos de superficie non tripulados, polas súas siglas en inglés), incluíndo as plataformas mecánicas e as tecnoloxías asociadas de aviónica e navais.
Operacións, mantemento e xestión da aeronavegabilidade / navegabilidade de flotas de vehículos non tripulados.
Sistemas para a automatización de operacións de aeronavegabilidade / navegabilidade de vehículos non tripulados.
Captura, procesamento e explotación de datos obtidos a través de vehículos non tripulados.
Materiais e procesos industriais para a fabricación de estruturas e compoñentes do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados.
Deseño, produción e integración de cargas de pago e sistemas embarcados en vehículos non tripulados.
Plataformas, ferramentas ou dispositivos para a formación de pilotos e mecánicos certificados de vehículos non tripulados.
Sistemas de terminación de voo en operacións fóra de liña de vista para vehículos aéreos non tripulados de uso profesional.
Sistemas para a neutralización de drons, sistemas de seguridade aplicados ás comunicacións de vehículos non tripulados, e ciberseguridad no ámbito dos UAVs e dos USVs.
Aplicación ao sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados de tecnoloxías habilitadoras transversais tales como blockchain, internet das cousas (IoT), intelixencia artificial, realidade virtual e aumentada, simulación ou captura e procesamento de imaxe.
Programa de apoio estruturado en dúas fases de 12 meses cada unha, cunha avaliación intermedia, pensado para startups, spin-offs e spin-outs que podan achegar solucións nas áreas temáticas definidas e centrado en conseguir que os proxectos podan validar co mercado as súas propostas de valor e os seus modelos de negocio e situarse en posición de realizar primeiras vendas no sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados.
Programa de apoio de 12 meses de duración orientado a empresas de creación recente, con modelos de negocio probados e vendas realizadas no mercado aeronáutico e dos vehículos non tripulados, que teñan propostas que encaixen coas áreas temáticas establecidas e busquen conseguir modelos de negocio consolidades e recorrentes.
Co horizonte de ser a aceleradora de referencia no eido da aeronáutica e os vehículos non tripulados, BFAero conta coa implicación de empresas líderes no sector como Indra e Babcock, e o respaldo da Xunta de Galicia no marco da Civil UAVs Initiative. Proporciona aos proxectos participantes o seguinte:
Entrada na cadea de valor do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados.
Titores do sector (Indra e Babcock) e apoio permanente.
Plans adaptados ás necesidades de cada proxecto.
Acceso a plataformas mecánicas de Indra e de Babcock, medios técnicos (banco de motores de CTAG e outros equipamentos da Civil UAVs Initiative) e instalacións no Aeródromo de Rozas.
Horas de voo e licencias para pilotos de UAVs.
Oficina propia, salas de reunións e coworking no viveiro de empresas da Fundación CEl Iniciativas por Lugo.
Ata 50.000 € a fondo perdido en incubación e ata 50.000 € en aceleración, créditos participativos e acordos con terceiros.
Apoio dende a fase de ideación ata a de consolidación do modelo de negocio, a través dun programa de incubación de 12 meses e outro de aceleración de 12 meses.
Establecemento e consolidación de relacións con todos os axentes do ecosistema.
BFAero é un proxecto colaborativo que responde á vontade da Xunta de Galicia de potenciar un sector con alto potencial, o aeronáutico e dos vehículos non tripulados, así como a colaboración de empresas líderes nese ámbito e cunha forte implicación, Indra e Babcock. Os impactos esperados son os seguintes: